"Galicia por riba de todo", lema de precampaña do PP para os comicios autonómicos do 21 de outubro.
Fálase
Novagalicia Banco demandará varios ex directivos das caixas pola súa xestión á fronte das entidades e polas súas indemnizacións millonarias, segundo avanza Radio Galicia-Cadena Ser.
A produción industrial medra un 6,3% en Galicia no mes de xullo. O dato supón un cambio con respecto a xuño, cando o IPI baixara un 3,6%.
Entra en vigor na Comunitat Valenciana o novo decreto do plurilingüismo. Semellante ao aplicado pola Xunta, incrementa as horas lectivas en inglés en detrimento do catalán. En Vilaweb
Estudantes maniféstanse no inicio do curso universitario. Convocados polos Comités e a Liga Estudantil, protestan contra a suba das taxas ou a precarización do ensino público no acto que se celebra na Coruña e ao que asiste Feijóo. Imaxe de @CIGEnsino
O sector 'duro' do PP reclámalle a Aznar que desautorice publicamente a Rajoy pola súa política a respecto dos presos de ETA. Cóntao a Cadena SER.
O BCE advirte que imporá "duras condicións" para comprar débeda dos estados. O representante alemán no instituto emisor, Jörg Asmussen, avisa: "Só se poden comprar bonos se o país afectado se somete a duras condicións para acometer reformas".
A Unión Europea reduciu un 2,5% as súas emisións de gases de efecto invernadoiro en 2011 a pesar do maior consumo de carbón e o aumento do PIB, segundo as estimacións que acaba de publicar a Axencia Ambiental Europea.
A patronal pide a Rajoy que decida sobre o rescate "o máis pronto posible" porque "o tempo corre". O vicepresidente da CEOE, Arturo Fernández, advirte que España está "case en suspensión de pagos".
Núñez Feijóo insinúa que reducirá deputados no Parlamento se gaña as eleccións e móstrase de acordo coa proposta de Cospedal de limitar o salario dos parlamentarios autonómicos. Nunha entrevista en Radio Voz, o presidente da Xunta anuncia que Rajoy estará na campaña galega.