  - A banca ética decide o seu futuro- A asociación de banca ética Fiare Galiza debate este sábado a integración do proxecto estatal na Banca Popolare Ética de Italia para poder medrar e consolidarse como alternativa á banca tradicional. 
  - Alumear os chanzos da escaleira da vida- Aos poucos a ciencia consegue identificar a función dos diferentes elementos do código xenético, o que axudará a enteder mellor como funciona o corpo pero tamén a saber de onde vén a especie humana. 
  - Investigar nun sistema coxo- Os recortes do orzamento público en I+D golpean a investigación ao non haber investimento privado abondo nesta actividade. 
  - Cidades nun clima cambiante- Un informe da Axencia Ambiental Europea sinala os principais problemas aos que enfrontarán as cidades europeas co cambio climático mentres a Xunta seguiu sen aprobar o prometido plan para combatelo. 
  - O VIH ten un punto débil- Logos de tres anos de estudo un grupo de científicos atopa o punto do material xenético do VIH onde actúa unha vacina que evita a infección das células no 31% dos casos. 
  - 35 anos a navegar cada vez máis só- Esta semana cumpríronse 35 anos do lanzamento da nave Voyager 1, que continúa o seu camiño cara as fronteiras do Sistema Solar convertido no obxecto humano que máis se afastou da Terra. 
  - Os prezos mundiais dos alimentos estabilízanse en agosto- A FAO afasta o risco dunha nova crise alimentar como a de 2008 pero pide non baixar a garda porque segundo o director xeral do organismo "o xogo non rematou". 
  - Barcos que aran o fondo do mar- Un estudo realizado por investigadores cataláns comproba que a pesca de arrastre altera o relevo do leito mariño e compara esta transformación coa que provocan os campos de cultivo da natureza. 
  - Robots que facilitan a vida- Un congreso reúne na Universidade de Santiago de Compostela a expertos en robótica para buscar formas de poñer os seus inventos ao servizo da cidadanía. 
  - Unha luz sobre outro elo descoñecido da evolución humana- Investigadores do Instituto Max Planck alemán reconstrúen o ADN completo dun grupo humano descoñecido descuberto en 2008 nunha cova do sur de Siberia. 
  - A resistencia aos medicamentos contra a tuberculose aumenta de xeito preocupante- Un estudo internacional amosa a diminución da efectividade dos tratamentos contra esta doenza e a maior difusión das variantes máis difíciles de combater. 
  - O galego naceu en Turquía?- Un estudo publicado na revista Science sitúa a orixe das linguas indoeuropeas na península de Anatolia 
