Ir cara a atrás para seguir adiante
Nun momento de crise o movemento a favor do decrecemento como alternativa de futuro comeza a abrise un oco en Galiza. Aposta pola primacía das relacións sociais sobre a produción e o consumo de produto inútiles ou nocivos, mentres se reduce o tempo dedicado ao traballo para repartilo entre máis persoas como solución ao paro
Sumar esforzos no ano das divisións
Un grupo de persoas reuníuse o pasado 25 de xullo na Gentalha do Pichel para impulsar unha cooperativa integral galega.
Anova e Compromiso chaman á unidade no seu primeiro 25 de xullo
Beiras suxire a creación dunha "fronte común" da esquerda e do nacionalismo da que non exclúe a BNG nin a IU. Bascuas aclara que CxG "chama por todos pero non espera por ninguén". As dúas novas formacións lanzan duras críticas contra a intención da Xunta de reducir o número de parlamentarios no seu 'debú' no Día da Patria.
Cooperativas que alumean o camiño das renovábeis
As cooperativas de enerxías renovábeis buscan democratizar e descentralizar a xeración de electricidade, hoxe en mans das grandes empresas.
Cultivar para queimar
A produción de enerxía eléctrica mediante a queima de biomasa pode ser unha alternativa para o monte, pero a necesidade de material para queimar complica a súa sustentabilidade.
A emigración move os marcos
A nova onda migratoria obriga as comunidades da diáspora a se reinventar ante a falla de identificación dos máis novos cuns centros galegos asociados ao caciquismo e a dependencia das subvencións.
Pintar a ciencia, explorar a arte
Artistas que traballan en laboratorios, matemáticos que escriben novelas e físicos que organizan exposicións déronse cita esta semana en Compostela para compartir experiencias sobre como combinar ciencia e arte.