Manuel Martínez é elixido vicepresidente de Suplusa, a sociedade urbanística da Deputación de Lugo. El Progreso recolle a elección do alcalde de Becerreá, que contou cos votos de PP e PSOE.
Fálase
O PP lanza un vídeo de campaña para amosar que "tamén os hipsters" votan por Rajoy
A opositora Mesa de la Unidad Democrática gaña por maioría absoluta as eleccións á Asemblea Nacional de Venezuela. Pódese consultar o escrutinio nesta ligazón
#20D O semanario Sermos Galiza organiza este luns un debate electoral en Santiago que poderá ser seguido tamén en streaming a través da súa web. Está confirmada a asistencia de candidatas de PSdeG, NÓS e En Marea, mentres que o PP non ratificou a súa asistencia e Ciudadanos declinouna tras anunciar que participaría.
A vitoria da ultradereita na primeira volta das rexionais francesas prende as alarmas no país. O xornal Libération advirte de que este resultado "achega" a Le Pen á presidencia e chama á unidade republicana na segunda volta.
As primeiras proxeccións indican que o partido ultradereitista de Le Pen é o máis votado nas eleccións rexionais francesas.
Feijóo insta a defender a Constitución de 1978 como a "Constitución de 2015" porque "nos permitiu afrontar os cambios políticos destes 37 anos" e serviu como "paraugas baixo o que acoller calquera tipo de plantexamento ideolóxico".
Membros de NÓS-Candidatura Galega forman un mosaico na praia de Riazor da Coruña polo "dereito a decidir e a soberanía para Galiza fronte á Constitución". (Imaxe: BNG)
#20D AXENDA DE CAMPAÑA. 6 de decembro
- PP: Feijóo acude aos actos da Constitución en Madrid e fai campaña en Andalucía
- PSdeG: Besteiro visita a feira de Paiosaco, na Laracha, con candidatos do PSdeG da Coruña.
- NÓS: O candidato pola Coruña, Carlos Callón, participa nun acto baixo o título Fronte á Constitución, dereito a decidir.
- En Marea: Xosé Manuel Beiras participa nun "acto en rede" con Mónica Oltra desde Valencia, Victoria Rosell desde Las Palmas e Pablo Iglesias desde Madrid.
Unha enquisa de GAD3 para ABC sitúa o PP como máis votado nas xerais co 28% dos votos, a uns 7 puntos do PSOE e con Ciudadanos como terceira forza, un punto por riba de Podemos. Un inquérito de El País, pola súa banda, analiza a igualdade entre estas formacións nas provincias máis poboadas.