A vitoria da ultradereita na primeira volta das rexionais francesas prende as alarmas no país. O xornal Libération advirte de que este resultado "achega" a Le Pen á presidencia e chama á unidade republicana na segunda volta.
Fálase
As primeiras proxeccións indican que o partido ultradereitista de Le Pen é o máis votado nas eleccións rexionais francesas.
Feijóo insta a defender a Constitución de 1978 como a "Constitución de 2015" porque "nos permitiu afrontar os cambios políticos destes 37 anos" e serviu como "paraugas baixo o que acoller calquera tipo de plantexamento ideolóxico".
Membros de NÓS-Candidatura Galega forman un mosaico na praia de Riazor da Coruña polo "dereito a decidir e a soberanía para Galiza fronte á Constitución". (Imaxe: BNG)
#20D AXENDA DE CAMPAÑA. 6 de decembro
- PP: Feijóo acude aos actos da Constitución en Madrid e fai campaña en Andalucía
- PSdeG: Besteiro visita a feira de Paiosaco, na Laracha, con candidatos do PSdeG da Coruña.
- NÓS: O candidato pola Coruña, Carlos Callón, participa nun acto baixo o título Fronte á Constitución, dereito a decidir.
- En Marea: Xosé Manuel Beiras participa nun "acto en rede" con Mónica Oltra desde Valencia, Victoria Rosell desde Las Palmas e Pablo Iglesias desde Madrid.
Unha enquisa de GAD3 para ABC sitúa o PP como máis votado nas xerais co 28% dos votos, a uns 7 puntos do PSOE e con Ciudadanos como terceira forza, un punto por riba de Podemos. Un inquérito de El País, pola súa banda, analiza a igualdade entre estas formacións nas provincias máis poboadas.
Feijóo erixe o PP no "único partido que defende a Galicia" ante "os que nunca din España ou que nunca se lles escoita dicir Galicia". Defendeuno nun mitin en Lalín xunto ao exalcalde da vila e candidato ao Senado, José Crespo.
#20D AXENDA DE CAMPAÑA. 5 de decembro
- PP: Feijóo dá un paseo en Santiago e participa nun mitin do PP de Ourense no Carballiño.
- PSdeG: Besteiro asiste a un acto sobre economía forestal e participa nun mitin en Viveiro.
- NÓS: Candidatas e candidatos asisten ao Culturgal e presentan materiais de campaña xunto a artistas.
- En Marea: A coalición presenta o seu programa en Santiago e celebra mitin central en Oleiros.
VÍDEO O candidato de Ciudadanos pola Coruña di que o partido non terá propostas para Galicia ata despois das eleccións. Antonio Rodríguez sinalouno nunha entrevista no programa Vía V, de V Televisión
A revista Luzes renova a súa web, con contidos en aberto ata 2016. A publicación presenta este sábado dous especiais no Culturgal.