VÍDEO O candidato de Ciudadanos pola Coruña di que o partido non terá propostas para Galicia ata despois das eleccións. Antonio Rodríguez sinalouno nunha entrevista no programa Vía V, de V Televisión
Fálase
A revista Luzes renova a súa web, con contidos en aberto ata 2016. A publicación presenta este sábado dous especiais no Culturgal.
O exalcalde de Ribadumia, 'Nené' Barral, negocia coa Fiscalía e Facenda para evitar ser xulgado por delito fiscal. Adiántao Faro de Vigo
O PP mantense como primeira forza con 4 puntos sobre o PSOE, segundo unha enquisa que hoxe publica eldiario.es que lle outorga a En Marea entre 2 e 3 escanos e a NÓS-Candidatura Galega, entre 0 e 1.
Durante este venres celebrouse en París o encontro de alcaldes e alcaldesas contra o cambio climático, no que participou Pontevedra. Na imaxe, a foto de familia dos rexedores e rexedoras que acudiron.
Culturagalega ofrece unha selección dos eventos e presentacións "imprescindibles do Culturgal 2015", que comezou este venres.
ACS cae un 4% na Bolsa, acumulando un descenso do 8% en dous días, trala denuncia realizada por un hedge fund (Bodenholms Capital), que asegura que a construtora de Florentino Pérez ten "un gran pasivo oculto"
Nunhas horas comezará unha nova edición do Culturgal, que levará entre hoxe e o domingo a Pontevedra a 15.000 persoas, na procura de cultura galega.
Os colectivos ciclistas Pedaladas e Masa Crítica denuncian nun vídeo a perigosidade da vella estrada de Marín, a PO-546. Cualifican de "irresponsable" a carta remitida pola Xunta ao goberno local na que anuncia que no reparará a vía entender que o "seu estado é razoable"
Pedro Sánchez acusa o Goberno de manipular a sondaxe do CIS. Lembra que o PSOE é a primeira forza en intención directa de voto + simpatía