O PP mantense como primeira forza con 4 puntos sobre o PSOE, segundo unha enquisa que hoxe publica eldiario.es que lle outorga a En Marea entre 2 e 3 escanos e a NÓS-Candidatura Galega, entre 0 e 1.
Fálase
Durante este venres celebrouse en París o encontro de alcaldes e alcaldesas contra o cambio climático, no que participou Pontevedra. Na imaxe, a foto de familia dos rexedores e rexedoras que acudiron.
Culturagalega ofrece unha selección dos eventos e presentacións "imprescindibles do Culturgal 2015", que comezou este venres.
ACS cae un 4% na Bolsa, acumulando un descenso do 8% en dous días, trala denuncia realizada por un hedge fund (Bodenholms Capital), que asegura que a construtora de Florentino Pérez ten "un gran pasivo oculto"
Nunhas horas comezará unha nova edición do Culturgal, que levará entre hoxe e o domingo a Pontevedra a 15.000 persoas, na procura de cultura galega.
Os colectivos ciclistas Pedaladas e Masa Crítica denuncian nun vídeo a perigosidade da vella estrada de Marín, a PO-546. Cualifican de "irresponsable" a carta remitida pola Xunta ao goberno local na que anuncia que no reparará a vía entender que o "seu estado é razoable"
Pedro Sánchez acusa o Goberno de manipular a sondaxe do CIS. Lembra que o PSOE é a primeira forza en intención directa de voto + simpatía
Aglomeraciones, caos e malos tratos reciben a grupos de persoas refuxiadas en Berlín. Cóntao a xornalista Carmela Negrete en Desalambre
VÍDEO | Os 5 bulos máis estendidos sobre o cambio climático, en eldiario.es
AXENDA DE CAMPAÑA - 4 de decembro
PP: Feijóo fai balance do goberno de Rajoy en Lugo e comparte mitin con Ana Pastor en Marín.
PSdeG: Besteiro e candidatos socialistas reúnense con persoal de Alcoa e Navantia e participa nun mitin en Melide.
NÓS: Callón participa nun acto con mariñeiros do cerco en Santiago.
En Marea: Candidatos e candidatas reúnense con mariñeiros do cerco e o mitin central celebrarase no serán en Cospeito.