Aglomeraciones, caos e malos tratos reciben a grupos de persoas refuxiadas en Berlín. Cóntao a xornalista Carmela Negrete en Desalambre
Fálase
VÍDEO | Os 5 bulos máis estendidos sobre o cambio climático, en eldiario.es
AXENDA DE CAMPAÑA - 4 de decembro
PP: Feijóo fai balance do goberno de Rajoy en Lugo e comparte mitin con Ana Pastor en Marín.
PSdeG: Besteiro e candidatos socialistas reúnense con persoal de Alcoa e Navantia e participa nun mitin en Melide.
NÓS: Callón participa nun acto con mariñeiros do cerco en Santiago.
En Marea: Candidatos e candidatas reúnense con mariñeiros do cerco e o mitin central celebrarase no serán en Cospeito.
A aseguradora de Renfe recorre o auto do xuíz de instrución do caso Angrois porque non investigou a Adif. Nese auto pídense 4 anos de cadea para o maquinista.
Julio Abalde, novo reitor da Universidade da Coruña. O candidato de Nova Luce impúxose a Daniel Pena nas eleccións celebradas hoxe grazas ao voto do estudantado e do PAS. Pena impúxose por unha lixeira diferenza entre o profesorado. A participación foi superior á de convocatorias anteriores.
O xornalista Manuel Jabois será o pregoeiro da Feira do Cocido de Lalín, que se celebra o vindeiro 31 de xaneiro. Segundo o alcalde da vila, Rafael Cuiña, a súa presenza "contribuirá a darlle prestixio e proxección á Feira e a elevar a nómina de grandes xornalistas que xa foron pregoeiros".
Vimos de inaugurar A Tenda de Praza, un espazo con máis de 400.000 referencias en libros e moito máis, coas autoras e autores galegos sempre como referencia. A tenda é unha nova vía a través da cal o público pode sustentar o labor informativo de Praza Pública.
Lugo é a provincia con máis suicidios por cada 100.000 habitantes, segundo este especial publicado por El Español
O DOG publica a suspensión cautelar de novas licenzas hoteleiras no centro histórico de Santiago. A medida municipal durará inicialmente un ano.
A Universidade da Coruña celebra hoxe as súas eleccións á Reitoría. Estes son os proxectos confrontados de Julio Abalde e Daniel Pena, candidatos a substituír a Xosé Luís Armesto, e este, o espazo para votar.