O xornalista Manuel Jabois será o pregoeiro da Feira do Cocido de Lalín, que se celebra o vindeiro 31 de xaneiro. Segundo o alcalde da vila, Rafael Cuiña, a súa presenza "contribuirá a darlle prestixio e proxección á Feira e a elevar a nómina de grandes xornalistas que xa foron pregoeiros".
