Lugo é a provincia con máis suicidios por cada 100.000 habitantes, segundo este especial publicado por El Español
Fálase
O DOG publica a suspensión cautelar de novas licenzas hoteleiras no centro histórico de Santiago. A medida municipal durará inicialmente un ano.
A Universidade da Coruña celebra hoxe as súas eleccións á Reitoría. Estes son os proxectos confrontados de Julio Abalde e Daniel Pena, candidatos a substituír a Xosé Luís Armesto, e este, o espazo para votar.
Cameron consegue que o Parlamento británico aprobe os ataques en Siria
Sanidade desbota financiar por agora a vacina da meninxite B e insta a non crear "ansiedade". Recólleo Faro de Vigo
Rajoy explica as súas experiencias en Sangenjo, La Coruña ou La Toja durante a súa entrevista co cantante Bertín Osborne, emitida a pasada noite en TVE.
A deputada do PPdeG Marisol Piñeiro dimite tras confirmarse o seu procesamento por presunta prevaricación no Concello de Carnota. A exparlamentaria afirma que está "convencida" da súa "inocencia" nun "asunto de marcado carácter administrativo".
O pleno de Santiago aproba por unanimidade unha modificación de crédito de 653.000 euros "para pagar facturas pendentes do pasado mandato", segundo destaca o goberno local.
Vén de finar o xornalista e ensaísta Ramón Lugrís (Ferrol, 1932). Traballou en Londres como redactor da sección española da BBC e posteriormente en Nova York para a ONU. Nos seus anos mozos colaborou en La Noche e escribiu Vicente Risco na cultura galega. Nos últimos anos colaboraba con frecuencia co IGADI. Xulio Ríos destaca neste artigo que Lugrís era "un europeísta de verdade", unha "voz ignorada" que "non pode faltar en calquera aproximación ao galeguismo da posguerra".
Así se ve Galicia dende o espazo. O astronauta Scot Kelly amosa dende a Estación Espacial Internacional unha imaxe nocturna da península ibécira.