Así se ve Galicia dende o espazo. O astronauta Scot Kelly amosa dende a Estación Espacial Internacional unha imaxe nocturna da península ibécira.

Así se ve Galicia dende o espazo. O astronauta Scot Kelly amosa dende a Estación Espacial Internacional unha imaxe nocturna da península ibécira.
O TSXG confirma o procesamento da deputada do PP Marisol Piñeiro por presunta prevaricación no Concello de Carnota. O tribunal rexeita o seu recurso e o do exalcalde, José Oreiro. Máis información, esta tarde en Praza.
A xuíza De Lara envía a Aduanas ao Concello de Poio para recabar o expediente das obras de saneamento das obras do Camiño da Escola-Chancelas, realizadas en 2011. Segundo os investigadores, responsables da empresa Aquagest "concertáronse" para "manipular as condicións do contrato" e así quedar co mesmo.
A Fiscalía arquiva a denuncia contra Baltar por acoso sexual ao non atopar indicios de delito. Máis información, esta mañá en Praza.
O paro caeu en novembro en 27.071 persoas en España, ata un total de 4.149.298, pero só houbo 1.620 afiliacións máis á Seguridade Social. En Galicia, o desemprego creceu en 3.066 persoas, o segundo maior incremento de todo o Estado, ata as 225.158. O número de traballadores/as afiliados/as caeu en Galicia en 2.076.
Este martes entrou en vigor o novo sistema de tramitación das baixas laborais temporais, que incrementa o control que poden exercer as mutuas, que poderán dar altas, pero non en caso de enfermidade común.
O dominio galego en internet (.gal) celebra hoxe o seu primeiro aniversario, con preto de 3.000 nomes rexistrados. Hai un ano que o rexistro do .gal está aberto á cidadanía. No Culturgal a Asociación Puntogal presentará a súa colaboración con Rei Zentolo: unha serie de deseños que homenaxea á revista Nós e outra na que se utiliza o humor para darlle promoción ao dominio.
As axudas económicas aos combustibles fósiles, emisores de CO2, suman máis de 500.000 millóns de euros ao ano en todo o mundo, e multiplican por catro as subvencións ás renovables. España incrementou en 2015 nun 24% o uso do carbón nan produción de electricidade
O PP gañaría as eleccións con entre 98 e 102 escanos, superando por pouco a PSOE (82-86) e Ciudadanos (76-80), quedando Podemos e as confluencias algo máis atrás (52-56), segundo a sondaxe de GESOP para El Periódico
En Comú Podem gañaría en votos as eleccións xerais en Catalunya, segundo a enquisa do GESOP. CDC afundiríase e ERC sería a segunda forza en porcentaxe. O PP non chegaría ao 9% de apoio.