Vén de finar o xornalista e ensaísta Ramón Lugrís (Ferrol, 1932). Traballou en Londres como redactor da sección española da BBC e posteriormente en Nova York para a ONU. Nos seus anos mozos colaborou en La Noche e escribiu Vicente Risco na cultura galega. Nos últimos anos colaboraba con frecuencia co IGADI. Xulio Ríos destaca neste artigo que Lugrís era "un europeísta de verdade", unha "voz ignorada" que "non pode faltar en calquera aproximación ao galeguismo da posguerra".
