Julio Abalde, novo reitor da Universidade da Coruña. O candidato de Nova Luce impúxose a Daniel Pena nas eleccións celebradas hoxe grazas ao voto do estudantado e do PAS. Pena impúxose por unha lixeira diferenza entre o profesorado. A participación foi superior á de convocatorias anteriores.
