As Ataque Escampe teñen novo vídeo!
Fálase
O BNG, a través da eurodeputada Ana Miranda, expresou o seu apoio “a causa do pobo saharaui” incluíndo o seu dereito a autodeterminación, como recollen as propias resolucións do Consello de Seguridade da ONU, durante a súa intervención na 37ª Conferencia Europea de Coordinación (EUCOCO) que se está a celebrar esta fin de semana en Sevilla.
O guerreiro da Domus, na Coruña, cuberto cun xersei. A acción foi obra do grupo Yarnbombing A Coruña, os ‘bombardeiros de fío’, que deste xeito, reivindican a artesanía, o handcraft, fronte á industrialización dos produtos. Máis información, en Disquecool.
Este sábado presentouse o xornal Madrid15M, editado por doce asembleas de barrio do 15M en Madrid. Será mensual, cunha tiraxe de 20 mil exemplares, sen editorial nin director/a e non remunerado. Máis información, aquí.
"Nesta época de crise é máis necesaria ca nunca unha renda básica universal". Entrevista a Daniel Raventós en Gara
A conta de twitter de Carme Chacón felicita a Alfredo Pérez Rubalcaba e fai un chamamento a "traballar xuntos"
Gaña Rubalcaba por 22 votos, 487 a 465.
Os rumores agora son máis detallados e din que Rubalcaba gaña por sete votos e que o equipo de Chacón xa esixiu dous recontos
Agora os rumores apuntan principalmente a unha vitoria moi axustada de Rubalcaba -o que explicaría a dilación- pero segue sen anunciarse un resultado oficial
Bradley Manning terá que responder diante dun tribunal militar de todos os cargos que lle imputan pola suposta filtración de documentos segredos a Wikileaks. A nova en The Guardian.