"Nesta época de crise é máis necesaria ca nunca unha renda básica universal". Entrevista a Daniel Raventós en Gara
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f2d6f2b55b6b-p034_f01.jpg)
"Nesta época de crise é máis necesaria ca nunca unha renda básica universal". Entrevista a Daniel Raventós en Gara
A conta de twitter de Carme Chacón felicita a Alfredo Pérez Rubalcaba e fai un chamamento a "traballar xuntos"
Gaña Rubalcaba por 22 votos, 487 a 465.
Os rumores agora son máis detallados e din que Rubalcaba gaña por sete votos e que o equipo de Chacón xa esixiu dous recontos
Agora os rumores apuntan principalmente a unha vitoria moi axustada de Rubalcaba -o que explicaría a dilación- pero segue sen anunciarse un resultado oficial
Bradley Manning terá que responder diante dun tribunal militar de todos os cargos que lle imputan pola suposta filtración de documentos segredos a Wikileaks. A nova en The Guardian.
Hora e media de atraso no Congreso do PSOE. Os delegados comezan a impacientarse e algúns "a dar palmas". Dúas horas para contar mil votos.
Mentres, en Sevilla aínda non se sabe nada. Dise que o resultado (que xa vai cunha hora de atraso) aínda se podería atrasar máis e que vai ser moi axustado, ao redor dos 50 votos de diferenza.
A todo isto, o Dépor xa gaña 0-1 en Huelva, gol de Valerón
O resultado atrásase. Contra as catro coñeceremos o nome do novo/a secretario/a xeral do PSOE