Hora e media de atraso no Congreso do PSOE. Os delegados comezan a impacientarse e algúns "a dar palmas". Dúas horas para contar mil votos.
Fálase
Mentres, en Sevilla aínda non se sabe nada. Dise que o resultado (que xa vai cunha hora de atraso) aínda se podería atrasar máis e que vai ser moi axustado, ao redor dos 50 votos de diferenza.
A todo isto, o Dépor xa gaña 0-1 en Huelva, gol de Valerón
O resultado atrásase. Contra as catro coñeceremos o nome do novo/a secretario/a xeral do PSOE
Comeza a popularizarse en twitter o hashtag #seloquehicisteislaultimalegislatura, crítico coa xestión do último goberno do PSOE, no que eran ministros Chacón e Rubalcaba
Xerais superou os dez millóns de libros vendidos. Exactamente 10.103.409, dende a súa fundación en 1979. Noraboa!
Esta tarde preséntase en Santiago a plataforma Stop Desafiuzamentos Compostela
#Chacón é trending topic nestes momentos, #Rubalcaba non
Madrilonia publica unha visión crítica coa xestión e "testamento político" de Zapatero, que en maior (Chacón) ou menor (Rubalcaba) medida, se reivindicou esta mañá no Congreso do PSOE. Podes lelo aquí.
O ambiente, a conversa colectiva en twitter e o 'aplausómetro' no Congreso indican unha certa vantaxe en favor de Carme Chacón, pero haberá que agardar.