A todo isto, o Dépor xa gaña 0-1 en Huelva, gol de Valerón
Fálase
O resultado atrásase. Contra as catro coñeceremos o nome do novo/a secretario/a xeral do PSOE
Comeza a popularizarse en twitter o hashtag #seloquehicisteislaultimalegislatura, crítico coa xestión do último goberno do PSOE, no que eran ministros Chacón e Rubalcaba
Xerais superou os dez millóns de libros vendidos. Exactamente 10.103.409, dende a súa fundación en 1979. Noraboa!
Esta tarde preséntase en Santiago a plataforma Stop Desafiuzamentos Compostela
#Chacón é trending topic nestes momentos, #Rubalcaba non
Madrilonia publica unha visión crítica coa xestión e "testamento político" de Zapatero, que en maior (Chacón) ou menor (Rubalcaba) medida, se reivindicou esta mañá no Congreso do PSOE. Podes lelo aquí.
O ambiente, a conversa colectiva en twitter e o 'aplausómetro' no Congreso indican unha certa vantaxe en favor de Carme Chacón, pero haberá que agardar.
Chacón finaliza o seu discurso. Comezan as votacións, que durarán entre unha hora e unha hora e media. Os resultados coñeceránse, anuncia Griñán, entre as tres e as tres e media
Os discursos de Rubalcaba e Chacón espertan o escepticismo de moitos tuiteiros e tuiteiras