Responsables de máis de 40 bancos aos que Pescanova lles debe cartos reúnense en Madrid para buscar unha solución á situación financeira da empresa. A débeda da multinacional galega sitúase nos 2.500 millóns de euros.
Fálase
A Xunta afirma que "acatará" a sentenza do TSXG que obriga a retirarlles a subvención aos colexios que segregan por sexo os alumnos. Alberto Núñez Feijoo asegura que van estudar o fallo pero que o Goberno galego "sempre é moi respectuoso coa xustiza".
Expansión denuncia que Pescanova forzou o despedimento do marido da delegada do xornal en Galicia como resposta a unha información que publicou a pasada semana sobre o presidente do grupo, Manuel Fernández de Sousa.
Facebook incorporará os hashtags a imitación de Twitter, o que permititá amosar agrupados, en tempo real, os comentarios sobre un tema
Digg está preparando unha copia de Google Reader que recollerá as mellores características deste servizo
Matthew Keys, actual editor da axencia Reuters, foi acusado de colaborar con Anonymous en 2010 para lograr un ataque cibernético á web de Los Angeles Times
Urdangarin pediulle axuda ao rei para o primeiro gran pelotazo do Instituto Nóos. Correos electrónicos desvelan que el duque quería que o seu sogro movese as súas influencias en favor da Valencia Summit de 2004.
O Goberno endurece o subsidio de paro dos maiores de 55 anos. Deixarán de ter subsidio os que vivan cun cónxuxe ou fillo menor de 26 que cobre máis de 967 euros. En paralelo, tamén intentando favorecer o atraso na idade de xubilación, o Goberno penalizará os ERE que se ceben nos maiores de 50 anos.
Un cento de persoas concentráronse na Praza da Constitucion de Vigo para esixir a concesión do indulto a David Reboredo. Leuse un manifiesto que lembra que Reboredo "xa foi indultado pola opinión pública e mesmo polos Plenos do Concello de Vigo, a entidade menor de Bembrive e o Parlamento de Galicia".
Milleiros de persoas manifestáronse en Vigo en defensa da sanidade pública baixo o lema "Hospital Público 100%". A actriz Uxía Blanco púxolle a voz ás demandas da Plataforma dos Defensores da Sanidade Pública