Digg está preparando unha copia de Google Reader que recollerá as mellores características deste servizo
Fálase
Matthew Keys, actual editor da axencia Reuters, foi acusado de colaborar con Anonymous en 2010 para lograr un ataque cibernético á web de Los Angeles Times
Urdangarin pediulle axuda ao rei para o primeiro gran pelotazo do Instituto Nóos. Correos electrónicos desvelan que el duque quería que o seu sogro movese as súas influencias en favor da Valencia Summit de 2004.
O Goberno endurece o subsidio de paro dos maiores de 55 anos. Deixarán de ter subsidio os que vivan cun cónxuxe ou fillo menor de 26 que cobre máis de 967 euros. En paralelo, tamén intentando favorecer o atraso na idade de xubilación, o Goberno penalizará os ERE que se ceben nos maiores de 50 anos.
Un cento de persoas concentráronse na Praza da Constitucion de Vigo para esixir a concesión do indulto a David Reboredo. Leuse un manifiesto que lembra que Reboredo "xa foi indultado pola opinión pública e mesmo polos Plenos do Concello de Vigo, a entidade menor de Bembrive e o Parlamento de Galicia".
Milleiros de persoas manifestáronse en Vigo en defensa da sanidade pública baixo o lema "Hospital Público 100%". A actriz Uxía Blanco púxolle a voz ás demandas da Plataforma dos Defensores da Sanidade Pública
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anular os concertos da Xunta con cinco colexios que segregan o alumnado en función do seu sexo. Faino a instancias do STEG, que recorreu á Xustiza despois de que o actual Goberno recuperase as axudas para estes centros.
A Coruña inicia os trámites para retirar o título de fillo predilecto a José Luis Méndez. O Concello comeza o proceso para retirarlle a distinción ao ex director xeral de Caixa Galicia.
Traballadores de Navantia volven manifestarse para pedir carga de traballo e cortan o tráfico na AP9. Imaxe de @enjaretado.
Traballadores da Fábrica de Armas da Coruña comezan un peche "indefinido" ante a falta de avances nas negociacións. O encerro comezou este xoves ás 14.30 horas.