A Coruña inicia os trámites para retirar o título de fillo predilecto a José Luis Méndez. O Concello comeza o proceso para retirarlle a distinción ao ex director xeral de Caixa Galicia.
Fálase
Traballadores de Navantia volven manifestarse para pedir carga de traballo e cortan o tráfico na AP9. Imaxe de @enjaretado.
Traballadores da Fábrica de Armas da Coruña comezan un peche "indefinido" ante a falta de avances nas negociacións. O encerro comezou este xoves ás 14.30 horas.
O prezo dos billetes de avión descendeu un 50% nos últimos 30 anos.
Investigadores do CERN confirman que a partícula descuberta en xullo se parece cada vez máis ao bosón de Higgs. Con todo, afirman que ainda se necesitan máis datos que indiquen se encaixa co Modelo Estándar da Física de partículas, ou se se trata doutro tipo de bosóns de modelos non-estándar.
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago permanece interrompido dende hai hora e media despois de que arredor de medio cento de estudantes irrompese na xuntanza para protestar contra os recortes educativos. A esta hora, os membros do órgano académico permanecen no interior da sala, á espera de acontecementos.
#consellodaxunta Feijóo asegura que o nomeamento do novo Papa é "un motivo de alegría para toda a familia católica" e tamén para el mesmo. "É o Papa da quinta provincia galega e para os galegos que sexa un Papa da Arxentina é algo que nos gusta e valoramos". "Estou convencido de que un papa arxentino terá interese en vir a Galicia e aproveito para convidalo".
#consellodaxunta A Xunta non recorrerá as sentenzas do decreto do plurilingüismo e manterá en vigor todo o seu contido agás os artigos ilegalizados. Feijóo asegura que a súa normativa queda "blindada" e di que o decreto permitiu "abandonar a senda da imposición" e é "un punto de encontro indiscutible". Non obstante, asegura que as consultas ás familias seguirán a realizarse. Toda a información, hoxe en Praza.
#consellodaxunta O Goberno galego declara ben de interese cultural o Facho de Donón, en Cangas do Morrazo (foto: patrimoniogalego.net)
#consellodaxunta O Consello estudou hoxe un informe sobre as sentenzas do TSXG que ilegalizan parcialmente o decreto do plurilingüismo. Feijóo avanza que o Executivo resolveu tomar "unha decisión coherente e consecuente" pero aínda non aclara se presentará ou non un recurso de casación ante o Supremo.