#consellodaxunta O Consello estudou hoxe un informe sobre as sentenzas do TSXG que ilegalizan parcialmente o decreto do plurilingüismo. Feijóo avanza que o Executivo resolveu tomar "unha decisión coherente e consecuente" pero aínda non aclara se presentará ou non un recurso de casación ante o Supremo.
Fálase
A deputada do PP Marta Rodríguez Arias presidirá a comisión parlamentaria que trazará medidas para previr a corrupción. O pasado verán o PSdeG de Vilagarcía acusouna de cobrar indemnizacións do concello, do que forma parte, tras anunciar que non ía percibir ningunha remuneración por ter xa salario de deputada.
O Tribunal Europeo declara "abusiva" a lei hipotecaria española e ve ilegais os procesos de desafiuzamento en España. A sentenza abrea a vía á paralización xudicial dos desaloxos. Máis información, nuns minutos en Praza.
Como cada 14 de marzo (3/14 no mundo anglosaxón) hoxe celébrase o día de pi. Proponse facer algo especial ás 1:59:27 da tarde ou cantar os díxitos de π.
Google pechará Google Reader, o seu lector de feeds RSS, o 1 de xullo. As alternativas? Flipboard, The Old Reader ou Feedly
Cuenca únese a Guadalajara como provincia que xa non edita diarios en papel, despois do peche esta semana de El Día de Castilla-La Mancha
Os afectados polas preferentes e subordinadas acudirán á Subdelegación da Xunta en Ourense ás 11 da mañá. Presentarán un escrito dirixido á xerente do Instituto Galego de Consumo para que lles dea datos sobre o número de arbitraxes solicitadas e laudos favorables e denunciando a falta de información.
O pai de David Reboredo pide que as persoas que simpatizan coa causa se dirixan a Soraya Sáenz de Santamaría a través de twitter para que o Consello de Ministros dea luz verde ao indulto este venres.
O presidente de Pescanova convoca un consello de administración para dar explicacións. Os accionistas esixirán coñecer a situación real da compañía e pedirán que as decisiones se tomen no consello por maioría sen criterios unipersoais
Bergoglio foi implicado na detención de dous cregos pola ditadura arxentina. Acúsano de non defender dous sacerdotes que foron torturados polos militares