O presidente de Pescanova convoca un consello de administración para dar explicacións. Os accionistas esixirán coñecer a situación real da compañía e pedirán que as decisiones se tomen no consello por maioría sen criterios unipersoais
Fálase
Bergoglio foi implicado na detención de dous cregos pola ditadura arxentina. Acúsano de non defender dous sacerdotes que foron torturados polos militares
A UE decidirá este xoves sobre a lei hipotecaria española. O Goberno e milleiros de desafiuzados están pendentes da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Ferrín dimite como presidente da RAG e asegura que "a Academia está en perigo". O escritor abandona a institución logo do plenario celebrado este mércores na Coruña. Máis información, nuns minutos en Praza.
O novo papa é Jorge Mario Bergoglio, ata agora arcebispo de Bos Aires. Rexerá a Igrexa católica co nome de Francisco I.
A fumata branca no Vaticano vén de simbolizar que o conclave xa elixiu novo Papa para a Igrexa católica. Nuns minutos coñecerase o seu nome. Está a contalo RTVE.
A RAG fai públicos na súa web os orzamentos da institución, que deberán ser aprobados no plenario que se celebra esta tarde na súa sede e no que tamén se debate a dimisión do seu presidente, Méndez Ferrín.
Os deputados do PP rinse de Cayo Lara polos embargos a IU en Madrid. "Onde está Cayo Lara? Estano desafiuzando", afirman desde a bancada do PP cando Joan Coscubiela preguntaba a Rajoy sobre os desaloxos.
Pescanova convoca consello para mañá xoves. Fernández de Sousa accede ás solicitudes de Damm e Luxempart ante a crise na compañía.
Un empresario recoñece que pagou comisións ao PP para beneficiar a súa empresa. Pide "desculpas á sociedade" tras explicar que deu cartos aos populares en 2007.