Bergoglio foi implicado na detención de dous cregos pola ditadura arxentina. Acúsano de non defender dous sacerdotes que foron torturados polos militares
Fálase
A UE decidirá este xoves sobre a lei hipotecaria española. O Goberno e milleiros de desafiuzados están pendentes da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Ferrín dimite como presidente da RAG e asegura que "a Academia está en perigo". O escritor abandona a institución logo do plenario celebrado este mércores na Coruña. Máis información, nuns minutos en Praza.
O novo papa é Jorge Mario Bergoglio, ata agora arcebispo de Bos Aires. Rexerá a Igrexa católica co nome de Francisco I.
A fumata branca no Vaticano vén de simbolizar que o conclave xa elixiu novo Papa para a Igrexa católica. Nuns minutos coñecerase o seu nome. Está a contalo RTVE.
A RAG fai públicos na súa web os orzamentos da institución, que deberán ser aprobados no plenario que se celebra esta tarde na súa sede e no que tamén se debate a dimisión do seu presidente, Méndez Ferrín.
Os deputados do PP rinse de Cayo Lara polos embargos a IU en Madrid. "Onde está Cayo Lara? Estano desafiuzando", afirman desde a bancada do PP cando Joan Coscubiela preguntaba a Rajoy sobre os desaloxos.
Pescanova convoca consello para mañá xoves. Fernández de Sousa accede ás solicitudes de Damm e Luxempart ante a crise na compañía.
Un empresario recoñece que pagou comisións ao PP para beneficiar a súa empresa. Pide "desculpas á sociedade" tras explicar que deu cartos aos populares en 2007.
SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación mañá xoves en Vigo contra os recortes e a privatización do novo hospital. A marcha partirá da praza dos Cabalos ás 20 horas.