Pescanova convoca consello para mañá xoves. Fernández de Sousa accede ás solicitudes de Damm e Luxempart ante a crise na compañía.
Fálase
Un empresario recoñece que pagou comisións ao PP para beneficiar a súa empresa. Pide "desculpas á sociedade" tras explicar que deu cartos aos populares en 2007.
SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación mañá xoves en Vigo contra os recortes e a privatización do novo hospital. A marcha partirá da praza dos Cabalos ás 20 horas.
Sergio L. Palacios reflexiona en Naukas sobre a realización de traballos de balde a cambio da visibilidade: "quieren que algunos trabajemos de forma completamente altruista, a cambio de unas tristes y escasas dietas y billetes de autobús, tren o avión (cuando hay suerte)".
Elblogsalmon analiza o negocio do streaming de música, despois de que Spotify anunciara que xa ten seis millóns de subscritores de pago, un millón máis ca en decembro. Porén, os artistas seguen recibindo cantidades moi baixas: entre 5 e 7 centavos de dólar por cancion en iTunes e menos de 1 en Spotify.
A proposta de reforma da Lei de Propiedade Intelectual que prepara Wert busca sancionar como "pirata" o consumidor que compre e realice unha copia privada sen ánimo de lucro a un familiar.
Novagalicia terá listo EVO para a súa venda en dous meses. O negocio fóra de Galicia de NGB captou 216.000 clientes nun ano
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca realizou hoxe a súa primeira acción de escrache a deputados del PP en Barcelona. A forte chuvia obrigou a adiar até o venres a campaña de presión
Comisións Obreiras denuncia o PP por recoller currículos para traballar en Eurovegas nunha das súas sedes. Cóntao El Diario.
As vendas e os beneficios de Inditex baten todas as marcas en 2012. Vende 15.946 millóns e eleva o resultado un 22%, até os 2.361 millóns.