Comisións Obreiras denuncia o PP por recoller currículos para traballar en Eurovegas nunha das súas sedes. Cóntao El Diario.
Fálase
As vendas e os beneficios de Inditex baten todas as marcas en 2012. Vende 15.946 millóns e eleva o resultado un 22%, até os 2.361 millóns.
O conseller de Saúde Boi Ruiz salienta o “colapso financeiro” da sanidade catalá. De aprobarse os orzamentos cataláns co obxetivo de déficit fixado polo Goberno, a Generalitat tería que recortar outros 4.400 millóns de euros.
Manuel Rivas escribelle unha carta aberta a Xesús Alonso Montero en resposta ao texto que este publicou hai unhas semanas dirixido ao novelista. Rivas di en relación á RAG: "Posto todo na balanza, o resultado da xestión é moi positivo. Niso hai unanimidade. É hora de construír pontes. De recompoñer a confianza básica"
The New York Times presenta o seu redeseño web e permite inscribirse para probalo
O Parlamento catalán vota este mércores unha moción que insta ao Goberno do Estado a debater o dereito a decidir de Catalunya. Contará cos votos favorables de CiU, ERC, PSC e ICV-EUiA e a abstención de CUP.
Carlos Aymerich abandonará a vindeira semana o seu escano no Parlamento, segundo publica EFE. O líder de Abrente considera que o BNG se encamiña cara á "marxinalidade"
O déficit de Rajoy superaría o de Zapatero sen o atraso de devolucións. Facenda aprazou os reembolsos tributarios de decembro a xaneiro para rebaixar unhas cinco décimas a desviación orzamentaria de 2012
Primeira fumata negra do cónclave para escoller un novo Papa. Ningún dos cardenais acadou os 77 votos necesarios.
Este ano celébrase o centenario da inauguración da primeira estación radiotelegráfica costeira en Fisterra, instalada por Marconi en 1913. Que pasa na Costa conta a súa historia, que tamén se relaciona coa de Alejandro Finisterre, que naceu alí pola vinculación do seu pai con esta estación.