O déficit de Rajoy superaría o de Zapatero sen o atraso de devolucións. Facenda aprazou os reembolsos tributarios de decembro a xaneiro para rebaixar unhas cinco décimas a desviación orzamentaria de 2012
Fálase
Primeira fumata negra do cónclave para escoller un novo Papa. Ningún dos cardenais acadou os 77 votos necesarios.
Este ano celébrase o centenario da inauguración da primeira estación radiotelegráfica costeira en Fisterra, instalada por Marconi en 1913. Que pasa na Costa conta a súa historia, que tamén se relaciona coa de Alejandro Finisterre, que naceu alí pola vinculación do seu pai con esta estación.
A música en directo vive unha grave crise en España. Dende que o pasado mes de setembro o IVE subiu do 8 ao 21 por cento a venda de entradas para concertos caeu un 29%.
José Blanco condiciona a su dimisión á apertura de xuizo oral contra el. A Fiscalía solicitoulle esta mañá ao Congreso o trámite do suplicatorio necesario para proceder contra o exministro de Fomento.
Membros da Plataforma das Artes Escénicas puxéronse en pé na tribuna de convidados do Parlamento para protestar simbolicamente contra a xestión do conselleiro de Cultura e Educación. Miguel Santalices, que presidía o pleno, mandounos sentar e os deputados de AGE e BNG retrucaron poñéndose en pé nos escanos.
A CNMV suspende cautelamente a cotización de Pescanova, que admite que ten mal contabilizada a débeda coa banca.
A Mesa presenta no Congreso o manifesto contra a Lei Wert e en defensa do galego, o catalán e o vasco xunto a Kontseilua e Ciemen. O BNG apoia o documento. Máis información, esta tarde en Praza.
O ex ministro de Fomento José Blanco renunciará ao seu escano no Congreso se se abre xuízo oral contra el por presunto tráfico de influencias no marco do caso Campeón. Veno de anunciar en rolda de prensa.
Representantes da Plataforma das Artes Escénicas veñen de ser expulsados da tribuna do Parlamento despois de apupar o conselleiro Jesús Vázquez, que está a comparecer. Membros desta mesma plataforma xa sufriran unha expulsión semellante hai un mes. Hoxe deixaron unha carta dirixida a Feijóo.