Membros da Plataforma das Artes Escénicas puxéronse en pé na tribuna de convidados do Parlamento para protestar simbolicamente contra a xestión do conselleiro de Cultura e Educación. Miguel Santalices, que presidía o pleno, mandounos sentar e os deputados de AGE e BNG retrucaron poñéndose en pé nos escanos.
