Representantes da Plataforma das Artes Escénicas veñen de ser expulsados da tribuna do Parlamento despois de apupar o conselleiro Jesús Vázquez, que está a comparecer. Membros desta mesma plataforma xa sufriran unha expulsión semellante hai un mes. Hoxe deixaron unha carta dirixida a Feijóo.
Fálase
O Parlamento vén de aprobar unha declaración institucional en reclamación do indulto para David Reboredo. "O ingreso na cadea deixa de ter sentido" xa que a súa "reinserción" xa está conseguida.
A Fiscalía vai pedir que se xulgue o ex ministro de Fomento, José Blanco, por presunto tráfico de influencias. Cóntao a Cadena SER
As accións de Pescanova volven desmoronarse despois do anuncio, o luns pola tarde, da investigación da CNMV. Caen un 30%
Diario de Navarra analiza as remuneracións que perciben os tertulianos de diversos programas televisivos. Chegan a ingresar 500 euros por programa, destaca.
PSdeG, AGE e BNG tentaron, no inicio do pleno do Parlamento, alterar a orde do día para incluír unha comparecencia de Feijóo sobre os casos de presunta corrupción que lle afectan ao PP. Os conservadores votaron en contra e non se produciu a alteración.
Na súa colaboración no programa de Cuac FM Disimulen Manuel M. Barreiro fala do Pacto de Darwin, "un pacto das clases medias coas clases altas para transferir os custes aos desherdados do último terzo" e sinala que "cando máis ennegrece a crise, toca elixir entre o final feliz para as clases medias que vocean os propagandistas do novo darwinismo ou facer posible a solidariedade como materia imprescindible para defender a igualdade e as nosas liberdades"
As rendas das empresas superan aos salarios por primeira vez en 30 anos. España avanza cara ao modelo alemán.
O economista David Peón analiza na súa web persoal a conxuntura económica e sostén que "o risco de rescate non só non foi superado, senón que probablemente o nerviosismo voltará aos mercados antes ou despois por unha razón ou outra e, cando o faga, o rescate acabará por ser inevitable".
Marvel ofrece de balde 700 números 1 das súas coleccións de comics en formato dixital