Os afectados polas preferentes e subordinadas acudirán á Subdelegación da Xunta en Ourense ás 11 da mañá. Presentarán un escrito dirixido á xerente do Instituto Galego de Consumo para que lles dea datos sobre o número de arbitraxes solicitadas e laudos favorables e denunciando a falta de información.
Fálase
O pai de David Reboredo pide que as persoas que simpatizan coa causa se dirixan a Soraya Sáenz de Santamaría a través de twitter para que o Consello de Ministros dea luz verde ao indulto este venres.
O presidente de Pescanova convoca un consello de administración para dar explicacións. Os accionistas esixirán coñecer a situación real da compañía e pedirán que as decisiones se tomen no consello por maioría sen criterios unipersoais
Bergoglio foi implicado na detención de dous cregos pola ditadura arxentina. Acúsano de non defender dous sacerdotes que foron torturados polos militares
A UE decidirá este xoves sobre a lei hipotecaria española. O Goberno e milleiros de desafiuzados están pendentes da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Ferrín dimite como presidente da RAG e asegura que "a Academia está en perigo". O escritor abandona a institución logo do plenario celebrado este mércores na Coruña. Máis información, nuns minutos en Praza.
O novo papa é Jorge Mario Bergoglio, ata agora arcebispo de Bos Aires. Rexerá a Igrexa católica co nome de Francisco I.
A fumata branca no Vaticano vén de simbolizar que o conclave xa elixiu novo Papa para a Igrexa católica. Nuns minutos coñecerase o seu nome. Está a contalo RTVE.
A RAG fai públicos na súa web os orzamentos da institución, que deberán ser aprobados no plenario que se celebra esta tarde na súa sede e no que tamén se debate a dimisión do seu presidente, Méndez Ferrín.
Os deputados do PP rinse de Cayo Lara polos embargos a IU en Madrid. "Onde está Cayo Lara? Estano desafiuzando", afirman desde a bancada do PP cando Joan Coscubiela preguntaba a Rajoy sobre os desaloxos.