A deputada do PP Marta Rodríguez Arias presidirá a comisión parlamentaria que trazará medidas para previr a corrupción. O pasado verán o PSdeG de Vilagarcía acusouna de cobrar indemnizacións do concello, do que forma parte, tras anunciar que non ía percibir ningunha remuneración por ter xa salario de deputada.