El País revela que un deputado do PP e ex alcalde de Celanova figura como socio nunha construtora e non o incluíu na súa declaración de bens na Cámara.
Fálase
O Celta B consumou este sábado o seu ascenso á Segunda B tras empatar a 2 co Arenas. O Deportivo B caeu por 2-0 ante El Palo nun bronco partido e non logra ascender. Hoxe será a quenda para o Compostela, que se enfronta ao Cieza ás sete da tarde.
O incendio de Caldas de Reis ficou extinguido ás catro da madrugada tras queimar 30 hectáreas de monte, segundo informa a Xunta. Como en anos anteriores, o Goberno galego non informa da totalidade de lumes e só ofrece detalles dos mesmos cando rematou a extinción.
Está a arder un incendio con dous focos en Caldas de Reis. A imaxe é da brigada do Ministerio de Agricultura con sede en Laza.
O Camp Nou de Barcelona acolle hoxe un concerto "pola liberdade" de Catalunya. Nel intervirá, xunto a artistas cataláns e doutros territorios, a galega Mercedes Peón. Vilaweb conta os detalles.
Wert teima en endurecer os requisitos para o acceso ás bolsas universitarias. "Non son unha esmola", sentenza. Recólleo El Diario.
Usuarios e usuarias de Twitter recrimínalle ao PP que asegure sen datos que o actual Goberno "dedicou máis fondos para bolsas que calquera outro goberno". Informacións baseadas nos Orzamentos Xerais do Estado, como esta de La Marea, acreditan que o actual Ministerio de Educación recortou esas axudas.
Hoxe é o día grande das festas do barrio de San Pedro, en Compostela. Na súa web tedes todo o programa.
O alcalde de Barreiros asegura que o plan de obras para dotar de servizos as vivendas á beira do mar, moitas delas ilegais, segue a ter "plena validez" malia á sentenza do TSXG. Cóntao El Progreso
O Concello de Santiago págalle o avogado ao seu edil de Deportes, Adrián Varela, imputado no caso Pokémon. A condición é que fique claro que o concelleiro non tivo "responsabilidade penal". Cóntao El País