Hoxe é o día grande das festas do barrio de San Pedro, en Compostela. Na súa web tedes todo o programa.

Hoxe é o día grande das festas do barrio de San Pedro, en Compostela. Na súa web tedes todo o programa.
O alcalde de Barreiros asegura que o plan de obras para dotar de servizos as vivendas á beira do mar, moitas delas ilegais, segue a ter "plena validez" malia á sentenza do TSXG. Cóntao El Progreso
O Concello de Santiago págalle o avogado ao seu edil de Deportes, Adrián Varela, imputado no caso Pokémon. A condición é que fique claro que o concelleiro non tivo "responsabilidade penal". Cóntao El País
Novagalicia Banco proponse recorrer "con contundencia" as sentenzas xudiciais que lles dan a razón ás persoas estafadas coas preferentes, segundo informa Economía Digital
A revista The New Yorker celebra a ratificación do matrimonio entre persoas do mesmo sexo na Corte Suprema dos Estados Unidos cunha portada na que amosa os personaxes de Barrio Sésamo Epi e Blas en actitude agarimosa no salón do seu fogar.
Galiza Nova traslada as reivindicacións do Día do Orgullo LGTB ás inmediacións da catedral de Santiago
O Goberno galego entregou este mediodía as Medallas Castelao 2013. Feijóo impúxolles o galardón á escritora Úrsula Heinze, á deportista Hilda Rodríguez, á empresa Hijos de Rivera, á Coral de Ruada e ao gaiteiro Carlos Núñez, conxuntamente cos irlandeses The Chieftains.
O Goberno recorre ante o Constitucional o decreto andaluz antidesafiuzamentos. Stop Desahucios cualifica de “barbaridade absoluta” o recurso
"Luis Bárcenas ten preparado un dispositivo por se lle pasa algo". O entorno de Bárcenas asegura que o ex tesoureiro deu instrucións de difundir información sobre o PP en caso de ingresar en prisión.
O fundador da empresa de electrodomésticos San Luís recupera a marca e reabrirá dez das tendas pechadas por Darty. Son as da Coruña, Ferrol, Ourense, Santiago, Ponferrada, Vigo e Pontevedra, segundo recolle La Opinión