O Goberno galego entregou este mediodía as Medallas Castelao 2013. Feijóo impúxolles o galardón á escritora Úrsula Heinze, á deportista Hilda Rodríguez, á empresa Hijos de Rivera, á Coral de Ruada e ao gaiteiro Carlos Núñez, conxuntamente cos irlandeses The Chieftains.
