O Goberno recorre ante o Constitucional o decreto andaluz antidesafiuzamentos. Stop Desahucios cualifica de “barbaridade absoluta” o recurso
Fálase
"Luis Bárcenas ten preparado un dispositivo por se lle pasa algo". O entorno de Bárcenas asegura que o ex tesoureiro deu instrucións de difundir información sobre o PP en caso de ingresar en prisión.
O fundador da empresa de electrodomésticos San Luís recupera a marca e reabrirá dez das tendas pechadas por Darty. Son as da Coruña, Ferrol, Ourense, Santiago, Ponferrada, Vigo e Pontevedra, segundo recolle La Opinión
A Xunta fai oficial dende hoxe que a "época de perigo de alto risco de incendios" abranguerá dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro
Crean Fuga2, un mapa colaborativo dos investigadores españois no extranxeiro. A OCDE estimaba en 2009 que ao redor de 11.200 investigadores de España traballaban noutros países.
A Universidade de Vigo solta o seu segundo globo estratosférico, que chegará a unha altura de 28.000 metros. O BALLOON-XAT 002 lanzouse dende as instalacións de Zona Franca e é froito do traballo do Grupo de Enxeñaría Mecánica e Automoción
Delegados e delegadas de Navantia Ferrol e Fene e das compañías auxiliares, concentraranse este venres en Compostela ás 11:30, diante da Consellaría de Industria. A acción débese á falta de resposta da Xunta a unha reunión que levan solicitando desde hai case dous meses.
A xunta reitora dos comuneiros do monte de Cabral suspenden a convocatoria do 13 de xullo para decidir sobre a venda do monte comunal e buscaran datas a partir de setembro. Manterán novas xuntanzas con colectivos e buscarán "un acordo pacífico".
O encarceramento de Bárcenas abre una fenda no Goberno. Hai malestar co ministro Gallardón por non evitar o desgaste que o caso Bárcenas lle está xerando a Rajoy.
Unha manifestación percorre as rúas de Vigo en defensa do sector naval.