Unha manifestación percorre as rúas de Vigo en defensa do sector naval.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51cc802b997f8-captura.jpg)
Unha manifestación percorre as rúas de Vigo en defensa do sector naval.
O PP emite un comunicado tras o encarceramento de Bárcenas no que se limita a dicir que "respecta as decisións xudiciais"
A concentración da Coruña centrouse sobre todo na petición dunha atención da saúde sexual e reproductiva de calidade e na denuncia da supresión do COF do Ventorrillo.
Milleiros de persoas maniféstanse nestes momentos nas cidade galegas en defensa da sanidade pública. En Ferrol xa rematou a concentración, que estaba convocada para as 19.30 horas.
Galiza Ano Cero ofrecerá nos vindeiros días unha entrevista completa con Boaventura de Sousa, da que xa se pode ver un adianto: "A tradición do intelectual de vangarda na esquerda custounos moi cara"
O PSOE andaluz convoca primarias para o 29 de xullo, antes das do PSdeG, fixadas para setembro. As dos socialistas andaluces están avaladas polos estatutos federais, por ser para elixir candidato ou candidata electoral, non líder do partido. Cóntao El Diario.
Prisión incondicional e sen fianza para Luis Bárcenas.
O PP cualifica a AGE de "irresponsable" por divulgar informes das caixas cualificados como secretos e considera, nun comunicado, "que este feito dana dun xeito irreparable a reputación do Parlamento galego"
O Ministerio de Educación evita a prensa na súa reunión cos reitores sobre as bolsas universitarias. Ante a inexistencia de convocatoria oficial os e as xornalistas tiveron que ficar ás portas da sede do departamento de Wert, segundo informa a Cadena SER.
A Fiscalía Anticorrupción pide prisión incondicional para Bárcenas por risco de fuga.