Luís Villares votou pasadas as 11 da mañá na Casa das Linguas de Lugo
Fálase
Cristina Losada votou en Vigo, tamén ao redor das 11 da mañá
Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato do PSdeG á Xunta, vén de votar na Reitoría da USC, en Santiago
Ana Pontón foi a primeira das candidatas á Presidencia da Xunta en votar. Fíxoo ás 10.30 en Compostela.
Gonzalo Jácome (Democracia Ourensana) ameazou con "impugnar todas as mesas da provincia", ao ver que os interventores do PP tiñan carpetas coa imaxe de Feijoo. A Xunta Electoral xa ordeou tapar esas carpetas nos colexios electorais.
Ás 12.30 daranse a coñecer os primeiros datos de participación, correspondentes ás 12 do mediodía. En 2012 a esa hora votara o 12,74% do electorado, máis de tres puntos menos que en 2009 (16,1%). Podes consultar os datos por comarcas neste gráfico.
As 3.977 mesas electorais están abertas, sen incidencias salientables, informa a Xunta. #Galicia25S
Os colexios electorais en Euskadi abren con normalidade e sen incidencias. Os vascos e vascas renovan os 75 escanos do seu Parlamento. Segundo as sondaxes, o PNV podería consolidar a súa maioría, con EH Bildu e Podemos igualados en segunda posición e un descenso de PSOE e PP
ElDiario analiza as tres opcións que podería barallar Podemos para investir a Pedro Sánchez. Un Goberno de coalición, un si na investidura condicionado a unha serie de medidas e sen entrar no executivo ou un si incondicional
Mouriño encarga acelerar o proceso de venta do Celta a un holding chino, adianta o Faro de Vigo. A operación podería superar os 100 millóns de euros