O PSdeG multiplica a súa precampaña e envía os seus candidatos a máis de 50 actos por todo o país. En Pedrafita a cabeza de lista por Lugo, Concepción Burgo, tivo o apoio de José Blanco, que se estrea na precampaña sinalando que "por primeira vez a dereita ten dous candidatos en Galicia" e afirmando que detecta "pulsión de cambio", a cal chamaa a concentrar nos socialistas.
