O Deportivo da Coruña volve do caloroso partido contra o Granada cun 1-1 no marcador. Os de Oltra foron superiores durante todo o encontro.
Fálase
O PP (@ppdegalicia) volve cargar contra o BNG (@obloque) en Twitter cuestionándoo pola política lingüística. Os nacionalistas retrúcanlles aos conservadores que eles non cometerán erros no uso do idioma.
O líder abertzale Arnaldo Otegi, aínda encarcerado, afirma nun libro-entrevista que editará Gara que, se na súa "condición de voceiro de Batasuna engadín un ápice de dor, sufrimento ou humillación ás familias das vítimas das accións armadas da ETA, quero pedirlles as miñas máis sinceras desculpas, acompañadas dun 'síntoo' de corazón"
O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, mantén a esta hora un encontro coa veciñanza de Cambre, nun coloquio no que o acompaña a voceira parlamentaria e número dous da candidatura da Coruña, Ana Pontón. (foto: @ErmitasValencia)
Hoxe os xefes de campaña de PP e PSdeG celebran actos coa emigración galega en Europa. O popular Alfonso Rueda desprázase a Zurich e o socialista Pablo García, a Andorra.
A liga de futsal comezou con vitorias do Santiago Futsal (1-2 ante o Ríos Renovables de Navarra) e do Azkar Lugo (5-6) ante o Gáldar. Pola súa banda o Burela, na súa estrea na categoría, caeu 1-5 ante o Manacor.
A Xunta desactiva o nivel 1 no incendio que afecta a Carballeda de Valdeorras, que no serán de onte puxo vivendas en perigo
Feijóo asegura, nunha entrevista co diario El País, que o "seu gran activo" cara ás eleccións é que "non lles mentín aos galegos" e asegura que creará 8.000 empregos "nos vindeiros meses".
A numerosa manifestación celebrada onte en Madrid contra os recortes ocupa un lugar destacado da maioría dos diarios impresos deste domingo. Na prensa máis conservadora a atención segue a ser para a posibilidade de que Catalunya avance cara á independencia.
Centos de milleiros de persoas saíron hoxe ás rúas das principais cidades de Portugal para protestar contra os recortes impostos pola troika tras a intervención financeira do país. No diario portugués Público.