Temor no PSOE á fortaleza negociadora de Rajoy fronte a unhas terceiras eleccións. Os populares xa non se conforman coa abstención dos socialistas e piden garantías de gobernabilidade.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/57f11be507a98-susana.jpg)
Temor no PSOE á fortaleza negociadora de Rajoy fronte a unhas terceiras eleccións. Os populares xa non se conforman coa abstención dos socialistas e piden garantías de gobernabilidade.
A Comisión Europea sinala “deficiencias” no saneamento da ría do Burgo. Seguirá vixiando o plan de saneamento previsto ata 2021.
O consulado de Colombia en Lugo, un dos dez puntos habilitados no Estado para que 85.000 inmigrantes colombianos poidan votar este domingo no referendo sobre o acordo de paz coas FARC.
Pedro Sánchez dimite como secretario xeral do PSOE logo de que o Comité Federal rexeitase o Congreso que propuña por 133 votos a 105.
Caos no Comité Federal do PSOE. Dez horas despois de iniciarse, nin congreso, nin xestora, nin censura. O minuto a minuto, contado en eldiario.es
AUDIO | Mariano Rajoy fala portugués na inauguración dunha exposición sobre Miró na Fundaçao Serralves do Porto. Escóitao aquí.
O Comité Federal do PSOE debate hoxe o futuro do partido nunha das súas maiores crises. eldiario.es está a contalo en directo.
Un xuíz anula por “usura” un préstamo dunha viguesa cuns intereses do 57%. Pediu 3.000 euros e tiña que devolver 7.686.
A Real Academia Galega homenaxea este sábado a Manuel María en Monforte. Ás 12.00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
Tres dos cinco membros da Comisión de Garantías do PSOE ditaminan que a executiva está "disolta".