Stop Desafiuzamentos, Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a Asociación Ve-la Luz convocan unha concentración este luns ás dez da mañá en Cabanas en apoio de Sandra, unha muller á que queren desaloxar da súa vivenda, xunto co seu fillo de tres anos
Fálase
Ao redor de dúas mil persoas participaron este domingo na manifestación convocada pola Asociación Monte Pindo para demandar unha nova política forestal e unha maior protección para os espazos naturais
O grupo de expertos da OPAQ (Organización para a Prohibición das Armas químicas) comezou o proceso de destrución das armas químicas de Siria
O Celta cae 2-1 ante o Atlético de Madrid, que se mantén en cabeza da Liga xunto co Barcelona. Diego Costa (2) e Nolito anotaron os goles
A manifestación convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural para pedir unha nova política forestal e unha maior protección para os espazos naturais xa se atopa na Praza da Quintana, lendo o seu comunicado final
Cristian López repasa en El Diario a historia de Benposta, e das dificultades que atravesa: "os patróns deberán aclarar as irregularidades dos seus balances económicos e por que non se pagou a débeda de dous millóns coa Seguridade Social. Se son incapaces de xustificar estes feitos, Benposta será intervida"
A partir deste luns comezarán a coñecerse os gañadores dos premios Nobel. Materia fai un repaso polo favoritos para as cateogrías científicas e polos métodos, máis ou menos fiables, para tentar adiviñar os mellor colocados.
Máis de 700 mil españois emigraron ao extranxeiro dende 2008, segundo datos da Fundación Alternativas. España é xa o segundo país con máis emigrantes anuais ao Reino Unido.
Industria prepara a reforma do concurso eólico ante o bloqueo do sector nos tres últimos anos, informa Faro de Vigo. Non se autorizou ningún dos 91 parques previstos.
Este domingo celébrase a segunda e última xornada da Feira Ecolóxica de Arzúa, Terractiva, coa participación de 50 produtores, ademais de charlas, obradoiros, presentacións e concertos.