O deputado do BNG Henrique Viéitez pide á Xunta de Galicia que "actúe" fronte ao recorte anunciado por Alcoa na factoría que ten en Galicia. Para o nacionalista estes plans "teñen como obxectivo final a deslocalización".
Fálase
Xa hai nota oficial do diario Público sobre o peche da súa edición en papel.
O portal especializado en medios de comunicación PR Noticias publica un adianto do peche do diario Público. Só unha pequena parte dos 160 traballadores da cabeceira poderán continuar na edición online. Este domingo se publicará o último número. En PR
Tweet de Ignacio Escolar sobre o peche de Público, anunciado este mediodía pola administración concursal aos traballadores.
Os traballadores de Público confirman o peche da cabeceira nas redes sociais. Aínda non hai nota oficial por parte da administración concursal ou a empresa.
El Mundo afirma que Público pecha a súa edición impresa. Aínda non hai confirmación oficial.
Portugal tamén financia empresas privadas de colocación para os desempregados. A reforma laboral española faculta ás ETTs a que actúen como centros que poden suplir o traballo dos servizos públicos de emprego. O Goberno luso tamén aposta pola privatización. En Público
Marine Le Pen (FN) négase a falar -e mesmo a mirarlle á cara- co candidato da Fronte de Esquerdas, Jean-Luc Mélenchon, nun debate electoral na televisión francesa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución que autoriza administrativamente o parque eólico Muxía I, impulsado por Desarrollos Eólicos SA (DESA, do grupo Abengoa). Terá 46 megavatios e 23 aeroxeneradores. A resolución
IU envía directamente á Zarzuela as preguntas parlamentarias sobre as presuntas simpatías do Rei Juan Carlos cara aos golpistas, vetadas no Congreso