Hoxe é a primeira xornada da folga xeral no Sergas. Estes son os servizos mínimos
Fálase
Galicia sufriu cinco pequenos terremotos nas últimas horas. O de maior magnitude, con epicentro en Campo Lameiro, chegou aos 3 graos na escala Richter.
Mariano Rajoy di nunha entrevista en El País que o que agora lle preocupa é "Alemaña teña claro onde imos", desvincúlase da contabilidade b do PP e insiste en que non autorizará un referendo en Catalunya.
Dimite todo o consello territorial de UPyD en Galicia, que lle atribúe á dirección de Rosa Díez unha actitude "destrutiva". Cóntao Europa Press.
O Obradoiro perde ante o Gran Canaria en Sar
A conselleira de Sanidade desdeña a folga que inicia mañá o persoal do Sergas. Nunha entrevista na Cadena SER Rocío Mosquera evidencia que se trata dunha "folga política" e asegura que non existen motivos para convocala.
A Comunidad de Madrid privatiza o servizo de recollida de sangue e encoméndallo á Cruz Vermella. O goberno rexional madrileño pagará 67 euros por bolsa de sangue, segundo relata a Cadena SER
O PSdeG reclama que o Parlamento traballe de xeito ordinario en xaneiro, habilitando todo o mes para realizar, entre outros, traballos nas comisións das caixas e da corrupción.
A CIG lanza unha campaña contra as compras en domingo nos grandes centros comerciais para opoñerse á "explotación" no convenio colectivo de grandes almacéns.
O Celta toma vantaxe ante o Athletic de Bilbao ao gañar por 1-0 na eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa do rei