O PSdeG reclama que o Parlamento traballe de xeito ordinario en xaneiro, habilitando todo o mes para realizar, entre outros, traballos nas comisións das caixas e da corrupción.
Fálase
A CIG lanza unha campaña contra as compras en domingo nos grandes centros comerciais para opoñerse á "explotación" no convenio colectivo de grandes almacéns.
O Celta toma vantaxe ante o Athletic de Bilbao ao gañar por 1-0 na eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa do rei
O Deportivo xa é líder da Segunda División tras impoñerse por 2-1 ao Alavés
A Xunta distribúe imaxes da xuntanza de Feijóo co presidente cubano, Raúl Castro
A Xunta informa de que Feijóo vén de reunirse co presidente cubano, Raúl Castro, un encontro que non fora previamente incluído na axenda da visita do titular da Xunta á illa.
Membros da organización católica de base Redes Cristianas maniféstanse en Compostela contra os recortes e os desafiuzamentos. Recólleo Europa Press na súa web.
Organizacións políticas e sindicais da Comunitat Valenciana mobilízanse despois de que o Goberno da Generalitat expedientase o colexio cuxo alumnado berrou a prol de Canal 9 nas inmediacións dunha visita oficial do presidente, Alberto Fabra. En El País.
A asociación lucense Cultura do País realiza unha nova achega á investigación histórica sobre a Asemblea Nacionalista de Lugo. Despois de que o historiador Xulio Pardo de Neyra aclarase que os traballos da asemblea se celebraran no teatro Lugo Salón e non no hotel Méndez Núñez, o colectivo cultural matiza que o establecemento hostaleiro acolleu a festa posterior aos traballos políticos.
O Portal das Palabras lembra o "respecto á diversidade lingüística" que caracterizou a Nelson Mandela.