A asociación lucense Cultura do País realiza unha nova achega á investigación histórica sobre a Asemblea Nacionalista de Lugo. Despois de que o historiador Xulio Pardo de Neyra aclarase que os traballos da asemblea se celebraran no teatro Lugo Salón e non no hotel Méndez Núñez, o colectivo cultural matiza que o establecemento hostaleiro acolleu a festa posterior aos traballos políticos.
