Técnicos de Industria detectan máis facturas fraudulentas de Fenosa, pero a Xunta descarta sancións. Cóntao El País
Fálase
O 35º aniversario da Constitución reúne a menor representación política, institucional e social dos últimos anos. Ao acto organizado no Congreso non acudiu ningún deputado nacionalista nin da Esquerda Plural. E só 5 dos 17 presidentes autonómicos, ningún do PSOE.
Desenvolven un paraugas inverso, cuxo mecanismo de suxeición e apertura está ao revés. Os seus inventores defenden que é máis resistente e que permite deixalo de pé no chan de forma autónoma.
A tres días da folga convocada no Sergas (os días 9 e 10), persoal sanitario fixo unha denuncia “de que a Xunta está a privatizar a sanidade pública”, tomando a tensión na rúa Príncipe de Vigo.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta este sábado en Ribadeo a súa Axenda Feminista 2014, dedicada "ás teatreiras galegas", que xa foi presentada este xoves en Compostela, coa participación de Paula Carballeira, Anxela G. Abalo, Anabell Gago, Iria Sobrado, Mónica Camaño e Pilar Pereira
A Consellaría de Educación propón fusións en case trinta titulacións universitarias. A medida afectaría a aquelas carreiras que non chegan a 50 alumnos e alumnas ou que están multiplicadas nas tres universidades galegas.
O fondo de capital risco Oaktree, propietario de Panrico, entra na poxa por Novagalicia Banco. Son xa catro bancos e cinco fondos os interesados na entidade nacionalizada e Voz Pópuli non descarta unha oferta conxunta de todos os fondos, agás Guggenheim, que vai en solitario.
Público entrevista a Julio Anguita, que afirma que "Constitución en man, as políticas de Rajoy estarían fóra da lei". Aposta tamén por saír do euro e por "gobernar contra o poder. Contra Emilio Botín, contra Endesa, contra Gas Natural, contra eses".
A prensa de todo o planeta dedica hoxe especiais a Nelson Mandela, finado onte á noite. Por exemplo, o de The Guardian, o de The New York Times ou o de El País.
O goberno rexeita catro de cada dez solicitudes da axuda de 400 euros. O número de beneficiarios desta axuda para parados que esgoten as súas prestacións foise reducindo: dos 78 mil de comezos de ano até os 57 mil de outubro