O Portal das Palabras lembra o "respecto á diversidade lingüística" que caracterizou a Nelson Mandela.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52a2f329d97fa-a9987b30c40b951566c8b647ef6d42bd9399e123.jpg)
O Portal das Palabras lembra o "respecto á diversidade lingüística" que caracterizou a Nelson Mandela.
A reunión de Feijóo co vicepresidente de Cuba é este sábado a nova de apertura do Granma, xornal do Partido Comunista Cubano. En páxinas interiores, a visita do titular da Xunta comparte protagonismo coa dunha delegación de Izquierda Unida que tamén se atopa na illa.
O ministro do Interior dá por "gañado" o "debate" sobre a colocación de coitelas no valado de Melilla para impedir o paso de persoas migrantes. Cóntao El Diario
O delegado do Goberno central en Galicia, Samuel Juárez, sentenza que o ditame xudicial sobre a doutrina Parot "non é Xustiza", defende a futura Lei de Seguridade e vincula a forzas parlamentarias con Resistencia Galega. Nunha entrevista con Europa Press.
Técnicos de Industria detectan máis facturas fraudulentas de Fenosa, pero a Xunta descarta sancións. Cóntao El País
O 35º aniversario da Constitución reúne a menor representación política, institucional e social dos últimos anos. Ao acto organizado no Congreso non acudiu ningún deputado nacionalista nin da Esquerda Plural. E só 5 dos 17 presidentes autonómicos, ningún do PSOE.
Desenvolven un paraugas inverso, cuxo mecanismo de suxeición e apertura está ao revés. Os seus inventores defenden que é máis resistente e que permite deixalo de pé no chan de forma autónoma.
A tres días da folga convocada no Sergas (os días 9 e 10), persoal sanitario fixo unha denuncia “de que a Xunta está a privatizar a sanidade pública”, tomando a tensión na rúa Príncipe de Vigo.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta este sábado en Ribadeo a súa Axenda Feminista 2014, dedicada "ás teatreiras galegas", que xa foi presentada este xoves en Compostela, coa participación de Paula Carballeira, Anxela G. Abalo, Anabell Gago, Iria Sobrado, Mónica Camaño e Pilar Pereira
A Consellaría de Educación propón fusións en case trinta titulacións universitarias. A medida afectaría a aquelas carreiras que non chegan a 50 alumnos e alumnas ou que están multiplicadas nas tres universidades galegas.