Galicia Bilingüe di que o Estado lle pediu informes para rebater na ONU a discriminación do galego. Asegúrao a presidente desta entidade contra a normalización da lingua propia no seu blog e logo da denuncia de ELEN ante as Nacións Unidas.
Fálase
O rei Juan Carlos alertou a Feijóo da desfeita das caixas galegas. O monarca mediou ante o Banco de España en 2009 para que informase á Xunta, segundo conta El País. Xa en abril avisouno e o Banco de España envioulle ao Goberno un "informe demoledor".
Feijóo defende o labor de Fraga e a vixencia da Constitución durante a convención do PP, na que di declararse "orgulloso de ser español e galego".
Unha concentración pide asilo político para o saharauí Hassanna Aalia en Compostela. Fotografía de @obloque.
O PP desactiva a fronte coas vítimas que apoiou na oposición. A protesta da AVT contra o Goberno rexistra a menor asistencia de todas as convocadas anteriormente.
Anova celebra hoxe en Vigo a súa conferencia nacional sobre Municipais. A formación decidirá as fórmulas a empregar para acudir aos comicios locais, así como as formas xurídicas e o posicionamento da organización a respecto das deputacións
Abanca liquida as filiais das caixas que emitiron as preferentes. Escotet acaba con Caixanova Emisiones e Caixa Galicia Preferentes, que estaban inactivas pero que seguían a rexistrar beneficios.
O TSXG tomba o recurso do Concello da Coruña contra o prezo das expropiacións en Elviña e deberá pagar 20 euros por cada metro cadrado.
PSA exixe maior esforzo en loxística e produtividade aos provedores galegos. A dirección de compras da empresa ve "potencial de mellora" no sector de compoñentes vigués.
O Sergas abre unha investigación aos médicos do Meixoeiro en folga e argumenta problemas na calidade do servizo.