Vén de abrir unha páxina que contabiliza os días, horas, minutos e segundos que a AGADIC leva sen dirección. Van case 132 días e na web convídase a facer apostas sobre canto tempo máis se manterá esta situación.
Fálase
Ao fío da morte de Chávez, Microsiervos fala da web Deathlist, un activo foro no que se comenta e especula cos persoeiros públicos que falecerán nos vindeiros meses.
A derruba das accións de Pescanova castiga milleiros de investidores que non son conscientes da situación. Os títulos da emrpesa galega están presentes en carteiras de 170 institucións, segundo conta Expansión.
David Rodríguez publica no seu blog media ducia de Notas urxentes sobre o presidente Chávez, analizando os seus logros e debilidades e o que a esquerda mundial debería aprender del e o que non.
O acceso a Internet en España segue estando entre os máis caros de Europa segundo un estudo de Ofcom. Os prezos mensuais en España para unha conexión media son 30 euros superiores aos do Reino Unido e 20 euros máis caros que os de Francia ou Alemaña.
A morte de Chávez provocou un colapso nas comunicacións venezolanas. Tanto o teléfono coma as conexións a internet ou os servidores dos principais medios de comunicación víronse sobrepasados polo interese espertado polo pasamento do presidente.
Case 20 mil persoas apoian a querela de IU contra o PP a través da web querellabarcenas.org aberta este luns.
O funeral de Hugo Chávez celebrarase este venres na academia militar de Caracas. A meirande parte dos xefes e xefas de Estado latinoamericanas xa anunciaron a súa presenza.
Whatsapp pasa a ser de pago para os móbiles con Android. A subscrición anual á aplicación custa 0,78 euros
Rubalcaba anuncia "un acordo básico" co PSdeG que lle dá máis participación á militancia. Valenciano propón que o mandato que as bases lles dan aos delegados no congreso sexa vinculante