Yolanda Díaz asina, xunto a outros dous dirixentes de IU, un artigo a prol dunha "fronte popular" para as vindeiras eleccións europeas. En La Marea
Fálase
El País publica unha enquisa segundo a cal, se agora se celebrasen unhas eleccións xerais, o PP perdería 47 deputados e o PSOE, 20, con fortes ascensos de IU e UPyD. Segundo este inquérito, o BNG pasaría de 2 a 5 escanos no Congreso.
Wert constata que o Goberno central está "cumprindo cos compromisos adoptados coa Santa Sede" en materia educativa. Recólleo 20 minutos.
Os clubes de fútbol da Liga débenlle 690 millóns a Facenda e 7 á Seguridade Social, segundo unha información de Infolibre
O secretario xeral do Partido Socialista de Portugal, António José Seguro, augura unha "crise de réxime" no país veciño por mor das políticas que o están a facer "cada vez máis pobre". Recólleo o diario Público.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, censura que AGE "busque publicidade" na querela coa que ameaza Feijóo. En Faro de Vigo.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), di nunha entrevista en La Voz que "probablemente" se "anime" a "volver presentarme" ás vindeiras municipais.
El País relata que o Concello de Ferrol retén pisos protexidos baleiros malia ter lista de espera.
O CD Lugo cae ante o Real Madrid Castilla por 1-3
O BNG lembra o chamado a acudir mañá ao estadio de Riazor con bandeiras galegas en resposta á prohibición policial de lucilas no partido que o Deportivo disputou recentemente en Valladolid. Nas horas previas ao encontro "Galiza Nova repartirá bandeirolas da Patria contra o celo excesivo por parte das forzas de seguridade do Estado", anuncian.