O BNG lembra o chamado a acudir mañá ao estadio de Riazor con bandeiras galegas en resposta á prohibición policial de lucilas no partido que o Deportivo disputou recentemente en Valladolid. Nas horas previas ao encontro "Galiza Nova repartirá bandeirolas da Patria contra o celo excesivo por parte das forzas de seguridade do Estado", anuncian.
Fálase
O grupo LGTB do PSdeG en Compostela celebrou esta mañá o seu acto de "cultura e lingua para frear a homofobia". Coa lectura de textos literarios o colectivo conmemorou o Día Mundial contra a Homofobia, que cadra co Día das Letras, e "incidiu na relevancia de previr o acoso homófobo nas aulas"
A Generalitat de Catalunya confirma que recorrerá a Lei Wert ante o Constitucional se non se modifica no trámite parlamentario. En El Diario
A Policía Autonómica detén tres persoas en Lugo, Val do Dubra e Santiago como presuntas autoras de incendios forestais
O PSOE inicia hoxe en Oviedo o camiño para a renovación dos seus liderados en eleccións primarias. No encontro participa o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez. En El Diario
A materia de Relixión contará para a media académica, como reclamaba a Conferencia Episcopal. É unha das modificacións incluídas na Lei Wert, que onte aprobou o Consello de Ministros. Recólleo a Cadena SER
Onte presentouse en Catalunya o filme galego Vilamor. A sala de cinema de l'Hospitalet que acolleu a estrea estivo ateigada. Na imaxe, o director do filme e algúns dos principais actores e actrices, durante o acto.
O expresidente de Caja Madrid, Miguel Blesa, sae de prisión despois de pagar a fianza de 2,5 millóns de euros imposta polo xuiz.
Morre o ex ditador arxentino Jorge Videla. Deu o golpe militar que derrocou a Isabel Perón e é responsable de milleiros de mortes durante o seu goberno.
Wert anuncia a aprobación da Lomce no Consello de Ministros. Máis información, esta tarde en Praza. Xustifica a reforma pola alta taxa de abandono escolar.